Que facemos as cátedras?

As Cátedras da Empresa Familiar en Galicia temos como finalidade promover a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento sobre as características diferenciais das empresas familiares e as distintas problemáticas que afectan á súa xestión e crecemento, a través do establecemento de sinerxias entre o mundo empresarial e as universidades galegas. Para iso, contamos cunha rede de alumnos, docentes, investigadores e empresarios, poñendo o acento na creación de empresas e o impulso do espírito emprendedor do alumnado, aportándolle as ferramentas necesarias para este fin.

Quen somos?

As Cátedras da Empresa Familiar en Galicia, integradas na Rede de Cátedras de Empresa Familiar, estamos formadas polas universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, co apoio da Asociación Galega da Empresa Familiar, o Instituto da Empresa Familiar, Abanca e Inditex. Na actualidade existen 38 cátedras de empresa familiar noutras tantas universidades públicas españolas que desenvolven a súa actividade baixo a coordinación do Instituto de Empresa Familiar.

Como son as empresas familiares galegas?

0 %
Tecido empresarial de Galicia
0 %
Valor engadido bruto empresarial
0 %
Emprego directo privado

Novas