O 58% da riqueza empresarial de Navarra é xerado por empresas familiares, un total de 3.600 millóns de euros de valor engadido bruto empresarial (VEB). Así o reflicte o estudo da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade Pública de Navarra (UPNA), creada a finais do ano pasado nunha comunidade na que o 79% das compañías son de propiedad familiar.
O informe tamén revela que as empresas navarras de propiedade familiar xeran o 51% do emprego privado da comunidade autónoma, con 66.556 postos de traballo. A rendibilidade é outro dos indicadores máis favorable para as compañías familiares en Navarra, onde ademais son as empresas pequenas as que obteñen unha rendibilidade superior (do 4,51%) á das grandes (do 7,15%).
Cun 92,4% de empresas familiares, Galicia é unha das tres comunidades autónomas españolas onde as compañías de propiedade familiar teñen un maior peso, onde ademais aportan o 85% do VEB empresarial (22.300 millóns de euros) e o 86,3% do emprego privado (370.910 postos de traballo), como indica o último informe da Asociación Galega da Empresa Familiar.