A Cátedra de Vigo, no Journal Of Family Business Management

A Cátedra de Vigo, no Journal Of Family Business Management

1 de febreiro de 2022. Cinco artigos elaborados pola Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo foron publicados recentemente nalgunhas das revistas máis importantes do mundo de divulgación sobre as empresas familiares, como Journal Of Family Business Management e Sustainability.

Os traballos, publicados entre 2020 e 2021, abordan temáticas de suma importancia en relación coa empresa familiar, como a contribución destas compañías á estabilidade laboral (tamén en épocas de crise), a xestión patrimonial e o papel das family offices ou a responsabilidade social corporativa das empresas familiares durante a pandemia. Como asinantes das publicacións atópanse, en calidade de co-autores, os directores da cátedra, Elena Rivo e Santiago Lago; ademais dos doutores Mónica Villanueva, Miguel Michinel, Francisco Reyes, Alberto Vaquero e Guillermo Suárez.

As Cátedras de Empresa Familiar da Universidade de Vigo publicaron tamén noutras cabeceiras de corte económico e empresarial, como European Journal Of Family Business ou Business Research Quarterly.

Todas as publicacións e notas de cátedra das cátedras de empresa familiar das universidades galegas poden consultarse aquí.