A empresa familiar galega duplica o PIB autonómico

A empresa familiar galega duplica o PIB autonómico

As sesenta principais empresas familiares de Galicia, que conforman a Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef), incrementaron un 150% nos últimos tres lustros o seu valor engadido bruto empresarial (VEB), o que supón máis do dobre do crecemento do PIB de Galicia (+68%) no mismo período. A directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña (UDC), Berta Rivera, presentou xunto ao presidente de Agef, Víctor Nogueira, o estudo O tamaño da empresa familiar en Galicia, que repasa o comportamento económico do tecido empresarial galego desde o ano 2000.

O informe tamén revela que dez autonomías teñen menos impostos que Galicia e que os empresarios galegos abonan 12 veces máis á hora de tributar unha herdanza que en Canarias e 10 veces máis que en Madrid, polo que Rivera sinalou que a comunidade galega ten aínda traballo por facer en termos de fiscalidade. “Temos aínda moito percorrido para mellorar as condicións de supervivencia e sostibilidade das empresas familiares, que representan o 92% do noso tecido de empresas e o 83% do emprego empresarial directo en Galicia”, explicou.

No ámbito das doazóns, as empresas familiares galegas ocupan o noveno posto, polo que un total de oito comunidades teñen tamén mellores condicións que Galicia.