Alumnos da Cátedra Familiar da Universidade de Vigo, que dirixe Elena Rivo, realizaron unha visita organizada á sede central de Sociedad Textil Lonia (STL), en Pereiro de Aguiar (Ourense).
Durante a xornada, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer a historia deste grupo téxtil galego, que empezou como unha pequena empresa dedicada ao deseño, produción e comercialización de roupa e accesorios para muller, home e neno, ata converterse nun grupo global, con tendas en países de catro continentes e máis de 2.500 empregados en persoal. Ao lanzamento da súa primeira marca “Purificación García” en 1998, STL incorporou dous anos despois a nova liña lifestyle “CH Carolina Herrera”, da man de Carolina Herrera, Ltd., quen desde 2014 forma parte do seu accionariado.
A fábrica de Pereiro de Aguiar ocupa unha superficie de 45.300 m2, con seis edificios conectados entre si, nos que STL aúna deseño, produción e distribución.