Cátedra USC

Creación

A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela (USC) créase mediante o acordo de colaboración e patrocinio entre a USC, o Instituto de Empresa Familiar, a Asociación Galega da Empresa Familiar, Inditex e Caixanova, rubricado o 31 de maio de 2005.

Renovación

A Asociación Galega da Empresa Familiar, o Instituto de Empresa Familiar e Industria de Diseño Textil S.A., Inditex, asinaron no ano 2021 un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para renovar por catro anos a cátedra de empresa familiar, ata 2024.

Formación

A docencia na Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela materialízase na impartición de contidos específicos da empresa familiar en materias de grao e posgrao. Nos graos de Administración e Dirección de Empresas, Economía e Dereito as materias desenvolven contidos específicos sobre a empresa familiar nos seus programas de estudo. Por outra banda, a cátedra imparte no 2022 o curso de posgrao “Perfeccionamento na Xestión Patrimonial da Empresa Familiar”. Ademais, a cátedra organiza periodicamente xornadas, seminarios, cursos e conferencias coa participación de representantes das empresas familiares galegas, institucións e expertos no eido da empresa familiar.

Investigación

A Cátedra da Empresa Familiar da USC ten como un dos seus obxectivos mellorar o coñecemento sobre a Empresa familiar, para o que promove o desenvolvemento de estudos e investigacións tanto entre o persoal investigador como entre os alumnos de grao e posgrao da USC, mediante a realización de títulos de fin de grao e posgrao.

 

Docencia

CURSO DE PERFECCIONAMENTO NA XESTIÓN PATRIMONIAL DA EMPRESA FAMILIAR 2021-2022

Os principais obxectivos do curso son: 1) Relativos á caracterización da empresa familiar: coñecer as características das empresas familiares (problemas, conflitos, etc.); as diferentes estruturas societarias, os protocolos familiares e a xestión da sucesión na empresa; e os principios de responsabilidade social empresarial (RSE) e de bo goberno. 2) Relativos á xestión patrimonial: saber deseñar unha estratexia financeira para a xestión do patrimonio das empresas familiares; coñecer as diferentes alternativas de investimento –renda fixa, variable, derivados, estruturados, commodities, criptoactivos, fondos de investimento, etc.–; saber deseñar unha carteira dado un determinado perfil de risco; coñecer os métodos de valoración de empresas e aplicalos á valoración dunha empresa familiar; coñecer as particularidades da fiscalidade nas empresas familiares; e saber como implementar un sistema de xestión de riscos na empresa familiar.

Organización

COMITÉ DE SEGUIMENTO

Antonio Abril
Inditex

Gumersindo Feijoo
Vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade da USC

Juan F. Corona
Instituto de Empresa Familiar

Montserrat Valcárcel
Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo

Víctor Nogueira
Asociación Galega da Empresa Familiar

Luis Otero
Director da Cátedra de Empresa Familiar da USC




ÓRGANOS DE DIRECCIÓN

Luis Otero

Director

Celia Penabad

Subdirectora