Cátedra UDC

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade da Coruña naceu en 2005 mediante un convenio de colaboración entre a universidade e o Instituto de Empresa Familiar, co patrocinio da antiga Caixanova, Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familiar. Este convenio recoñecía a especial significación e a importancia estratéxica da empresa familiar para a economía e a sociedade do noso país, e de maneira particular, de Galicia. A cátedra foi impulsada coa finalidade de promover a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento respecto ás características diferenciais das empresas familiares e as distintas problemáticas que afectan á súa xestión e crecemento.
A Asociación Galega da Empresa Familiar, o Instituto de Empresa Familiar e Industria de Diseño Textil S.A., Inditex, asinaron no ano 2019 un convenio coa Universidade de A Coruña para renovar por catro anos a Cátedra de Empresa Familiar, ata 2023.
A docencia na Cátedra da Empresa Familiar da Universidade da Coruña materialízase na impartición de dúas asignaturas oficiais de grao e máster –Xestión da Empresa Familiar e Economía e Xestión da Empresa Familiar–, ademais do desenvolvemento de actividades complementarias de formación. A cátedra leva tamén a cabo a organización de xornadas, seminarios, cursos e conferencias nas súas distintas facultades que contan coa participación de representantes de diversas institucións, empresarios e expertos no eido da empresa familiar.
No campo investigador, a Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña promove o desenvolvemento de estudos e investigacións sobre a realidade das empresas familiares, a súa importancia e a súa evolución, tanto desde a orientación profesional como puramente académica.
Docencia
XESTIÓN DA EMPRESA FAMILIAR - Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA)
O obxectivo central da materia é a análise da problemática da empresa familiar, facendo especial fincapé nos principais aspectos que impliquen a mellora competitiva da compañía.
ECONOMÍA E XESTIÓN DA EMPRESA FAMILIAR - Grao de Ciencias Empresariais
A materia consiste en proporcionar coñecementos teórico-prácticos sobre as características das empresas familiares desde un punto de vista económico, empresarial e xurídico.
Organización
COMITÉ DE SEGUIMENTO
Antonio Abril
Inditex
Juan F. Corona
Instituto de Empresa Familiar
Víctor Nogueira
Asociación Galega da Empresa Familiar
ÓRGANOS DE DIRECCIÓN

María Berta Rivera
Directora

Bruno Casal
Coordinador de programas