IMPARTICIÓN DOCENCIA OFICIAL NO GRAO DE CIENCIAS EMPRESARIAIS
O obxectivo central consiste en proporcionar coñecementos teórico-prácticos para favorecer o coñecemento e a comprensión das características das empresas familiares desde un punto de vista económico, empresarial e xurídico.
Os obxectivos específicos que se perseguen son:
-
Coñecer que é unha empresa familiar e as súas características específicas.
-
Analizar o significado e a evolución histórica da empresa familiar.
-
Estudar o ciclo de vida das empresas familiares.
-
Analizar as fortalezas e as principais dificultades das empresas familiares.
-
Coñecer a capacidade emprendedora na empresa familiar.
-
Comprender os valores e vinculación entre empresa e familia, a súa cultura e relacións.
-
Identificar a importancia da comunicación na empresa familiar.
-
Presentar instrumentos eficaces para articular o goberno da empresa.
-
Comprender o proceso de continuidade e sucesión na empresa familiar.
-
Identificar os pasos a seguir para planificar o proceso de sucesión.
METODOLOXÍA
Sesión maxistral
Exposición do profesor de carácter oral, complementada con medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e transmitir coñecementos.
Estudo de casos
Estudo de situacións concretas ou casos que describan situacións reais ou supostas. O alumno deberá ser capaz de analizar adecuadamente e introducir solucións ou decisións.
Discusións dirixidas
Cuestións teóricas e prácticas para comentar e discutir en sesións interactivas.
Seminarios
Clases en grupos reducidos de 15 alumnos para a análise detallade de problemas concretos do temario e de traballo do alumno.
Economía e Xestión da Empresa Familiar
4º Grado C. Empresariais
PROGRAMA
Bloques |
Temas |
Introdución |
|
A problemática específica da empresa familiar |
|
Goberno da empresa familiar |
|
Evolución e crecemento |
|
Bibliografía básica recomendada:
- Bark, D. (2013): La empresa Familiar ante sus retos, Instituto de la Empresa Familiar.
- Carlock, R.S, Ward, J.L. (2010): La excelencia en la empresa familiar: el proceso de planificación para la empresa y la familia, Instituto de la Empresa Familiar.
- Casillas, J.C. y otros (2005): La gestión de la empresa familiar, Ed. Thompson.
- Corona, J. (ed.) (2011): Empresa familiar: aspectos jurídicos y económicos, 2ª ed., Deusto.
- Galve, C. y Salas, V. (2003): La empresa familiar en España, Fundación BBVA.
- Pérez, M.J., Basco, R., García-Tenorio, J., Giménez, J., Sánchez, I (2007): Fundamentos en la dirección de la empresa familiar, Thomson.