PAUTAS PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS DE TRABALLO | UNIVERSIDADE DE VIGO

  • Os traballos enviados para a súa posible publicación nos documentos de traballo da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo deben ser orixinais. Todas as propostas deben enviarse en formato PDF ou Word ao seguinte enderezo de correo electrónico: catedraempresafamiliar@uvigo.es, co tema “Proposta para a serie de documentos de traballo”.
  • Cada orixinal recibido será sometido a un proceso editorial breve, decidir se o documento é aceptado directamente, rexeitado ou, en ocasións, convidado a presentarse de novo despois de realizar os cambios suxeridos polos editores. Esta decisión comunicarase aos autores pasadas dúas semanas da presentación.
  • Cada orixinal debe ir acompañado ducha portada que inclúa un resumo do traballo de non máis de 100 palabras, unha listaxe de palabras clave, os códigos de clasificación JEL axeitados e a declaración de presentación orixinal. A información habitual sobre as afiliacións dos autores, recoñecementos e contactos tamén debe aparecer nesta primeira páxina.
  • A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo garante a difusión dos documentos de traballo a través de plataformas electrónicas de todo o mundo, como RePEc.
  • No caso dunha futura publicación nunha revista ou libro, os autores incluirán a seguinte frase: “Unha versión anterior foi publicada como documento de traballo da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo”.