IMPARTICIÓN DOCENCIA OFICIAL NO MÁSTER EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS (MBA)

 

obxectivo central consiste en analizar a problemática da empresa familiar, facendo especial énfase nos principais aspectos que impliquen a mellora competitiva da empresa.

Os obxectivos específicos que se perseguen son:

  • Coñecer as características específicas das empresas familiares, con especial incidencia nos aspectos críticos da súa xestión e dirección.

  • Proporcionar ao alumno elementos de xuízo que lle permitan comprender o negocio familiar, como perspectivas de sistemas, cultura e fases de evolución.

  • Conseguir que o alumno comprenda os fundamentos dos conflitos e relacións familiares.

  • Proporcionar ao alumno coñecementos que lle permitan abordar as principais problemáticas das empresas familiares.

  • Comprender as cuestións organizativas da empresa familiar, incluíndo a planificación financeira e a dirección estratéxica.

 

METODOLOXÍA

Estudo de casos

Un dos piares básicos do MBA é xerar un método de aprendizaxe que permita afrontar con éxito os problemas de xestión aos que se enfronta a empresa. Tradicionalmente, a aprendizaxe respondía a un modelo de mantemento continuo, axeitado para facer fronte a situacións coñecidas e recorrentes. Este tipo de aprendizaxe é, e continuará a ser, indispensable para preservar o funcionamento e estabilidade de calquera organización. É, sen dúbida, o requirido para a toma de decisións operativas da empresa.

Non obstante, as decisións estratéxicas responsables de asegurar a supervivencia a longo prazo, especialmente en épocas de incertidume e cambio acelerado, esixen outra modalidade aínda máis esencial. É a aprendizaxe capaz de aportar cambio, renovación, reformulación e reestruturación de problemas que podemos denominar aprendizaxe innovadora.
Polo tanto, en consoancia coa metodoloxía desenvolvida no MBA, a asignatura Xestión da Empresa Familiar implantará unha metodoloxía capaz de aunar ambas aprendizaxes: a de mantemento e a innovadora, a través do estudo de casos.

Con tal fin formaranse grupos de alumnos (4 a 6 alumnos por grupo), e o profesor actuará como consultor responsable de guiar a actuación de cada grupo en función das necesidades que a súa empresa introduza en cada momento. Neste proceso, os suxeitos activos fundamentais serán: os alumnos, a Directora da Cátedra, os profesionais externos participantes en cada un dos obradoiros e seminarios propostos.

Solución de problemas

Farase un especial fincapé na necesidade de que sexa o propio estudante quen formule o problema que pretende abordar, así como as técnicas, instrumentos, marcos conceptuais, bases documentais e estratexia para a busca de solucións ao mesmo.

Presentación oral

Periodicamente cada grupo deberá facer unha presentación oral dos avances efectuados no seu traballo e a situación na que se encontra, remarcando a evolución tanto do establecemento do problema como das sucesivas etapas polas que o traballo foi avanzando.

Discusión dirixida

Consiste nun intercambio de ideas e opinións entre os integrantes de cada un dos grupos responsables dos casos de empresa, acerca dun tema específico relacionado co caso e coa materia correspondente á clase na que a discusión se produce. A súa finalidade é intercambiar experiencias, ideas, opinións e coñecementos co obxecto de resolver un problema ou situación conflitiva, tomar decisións, buscar datos ou simplemente adquirir coñecementos aproveitando as aportacións de cada un dos participantes.
A discusión será suscitada polo profesor en torno ás consultas realizadas por cada un dos grupos sobre os problemas suscitados en cada un dos casos analizados. Igualmente o profesor alentará a participación dos grupos alleos ao caso analizado para xerar puntos de vista, enfoques e perspectivas de análise diferentes tratando de acadar puntos de encontro entre as mesmas.

Análise de fontes documentais

O alumno deberá identificar e consultar as fontes documentais necesarias para o problema que pretenda resolver en cada momento. O profesor ha de ser un colaborador e orientador fundamental.


Xestión da Empresa Familiar

MBA

PROGRAMA

Bloques

Temas

Introdución

  1. Concepto de empresa familiar

Características das empresas familiares

  1. Introdución: Principais características e problemas
  2. O sistema da empresa familiar
  3. Conflitos: Orixe e posibles solucións
  4. Relacións, cultura e valores

Goberno da empresa familiar

  1. Órganos de goberno da familia e da empresa
  2. O protocolo familiar

Evolución e crecemento

  1. Evolución e crecemento
  2. Sucesión e continuidade

 

 

Bibliografía básica recomendada:

  • Corona, J. (ed.) (2011): Empresa familiar: aspectos jurídicos y económicos, 2ª ed., Deusto.
  • Casillas, J.C. y otros (2005): La gestión de la empresa familiar, Ed. Thompson.
  • Galve, C. y Salas, V. (2003): La empresa familiar en España, Fundación BBVA.