Cátedra UVIGO

Creación

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo nace no ano 2005 baixo convenio co Instituto de Empresa Familiar, cunha finalidade de difusión, docencia e investigación da singularidade e os retos das empresas familiares. O convenio recolle a gran relevancia estratéxica das empresas familiares, desde múltiples perspectivas, para a economía e a sociedade galega.

Renovación

A cátedra renova periodicamente o convenio coa Universidade de Vigo, a Asociación Galega da Empresa Familiar e o Grupo Inditex, que recoñece o especial significado e importancia estratéxica das empresas familiares, desde múltiples perspectivas, para a economía e a sociedade galega. En outubro de 2019 a universidade asinou a renovación da cátedra coa Asociación Galega da Empresa Familiar, Inditex e o Instituto de Empresa Familiar por catro anos máis.

Formación

Os obxectivos da cátedra resúmense na difusión, a docencia e a investigación da singularidade e desafíos das empresas familiares. Xustifican e motivan este obxectivo a importancia económica das empresas familiares, piar fundamental da economía, a súa vinculación e o seu compromiso co seu entorno xeográfico e social, así como as súas características peculiares, que en múltiples ocasións complican os procesos de sucesión e a súa continuidade.

Investigación

No campo da investigación, a Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo promove o desenvolvemento de estudos e investigacións sobre a realidade das empresas familiares, tanto de orientación profesional como puramente académica. Ademais, a cátedra colabora activamente nas actividades e reunións da Asociación Galega da Empresa Familiar, asesorando e elaborando informes nas cuestións que aquela considera relevantes.

Docencia

CURSO COMPLEMENTARIO

Estúdase a relevancia e singularidade das empresas familiares, a súa complexidade e os diferentes roles de grupos de interés, pasando a analizar cuestións específicas das empresas familiares.

SEMINARIO TFG

O Seminario de Traballos de Fin de Grao integra unha serie de proxectos desenvoltos por alumnos de Administración e Dirección de Empresas da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Organización

COMITÉ DE SEGUIMENTO

Antonio Abril
Inditex

Juan F. Corona
Instituto de Empresa Familiar

Santiago Lago Peñas
Universidade de Vigo

Elena Rivo López
Universidade de Vigo

Víctor Nogueira
Asociación Galega da Empresa Familiar

ÓRGANOS DE DIRECCIÓN

Elena Rivo López

Co-directora

EQUIPO EDITOR DOCUMENTOS DE TRABALLO

Santiago Lago Peñas

Universidade de Vigo

Katiuska Cabrera

Universidade de Las Palmas
de Gran Canaria

Elena Rivo López

Universidade de Vigo