Estúdase a relevancia e singularidade das empresas familiares, a súa complexidade, os diferentes roles de grupos de interés, pasando a analizar cuestións específicas das empresas familiares, como a incorporación de familiares á empresa, a profesionalización, o goberno corporativo e da familia, a sucesión, a transmisión da propiedade, o crecemento e os protocolos familiares. Preténdese abordar de forma multidisciplinar aspectos económicos, xurídicos, socio-culturais, relevantes, para favorecer a continuidade das empresas familiares, temas que non son tratados noutras asignaturas do grao.

O curso complementario, que xa conta con sete edicións, comeza a súa implantación en 2007 co obxectivo de dar a coñecer aos alumnos os aspectos principais, tanto teóricos como prácticos e aspectos globais e particulares na xestión financeira nas empresas familiares.

O curso ten unha duración de 60 horas cun recoñecemento de 2 créditos ECTS, organizado en catro módulos, que combinan formación teórica, co estudo dos casos prácticos, así como a visita a empresas familiares.

Programa

Módulo 1 – Nocións básicas da Empresa Familiar
1 – Definición de empresa familiar. Características singulares.
2 – Importancia económica e evolución da empresa familiar.
3 – Tipos de empresa familiar. Fundador, soc. irmáns, consorcio curmáns.
4 – Fortalezas e ameazas da empresa familiar.
5 – Retos da empresa familiar.

Módulo 2 – Liderado e goberno na empresa familiar
1 – Creación e desenvolvemento.
2 – A capacidade emprendedora na empresa familiar.
3 – Continuidade e sucesión na empresa familiar. Transmisión do patrimonio.
4 – Liderado e profesionalización.
5 – Distribución de “roles”. Comunicación na empresa familiar.

Módulo 3 – Aspectos xurídicos da empresa familiar
1 – Goberno da empresa familiar: consello de administración, consello de dirección e consello de familia.
2 – Planificación fiscal da empresa familiar. Holdings familiares.
3 – O protocolo familiar: contido e efectos.

Módulo 4 – Xestión financeira da empresa familiar
1 – Planificación estratéxica da empresa familiar. Organización e xestión.
2 – Alternativas de financiamento e estrutura financeira das empresas familiares.
3 – Investimento e crecemento da empresa familiar.
4 – Internacionalización da empresa familiar.