Dentro do Ciclo de Conferencias de Empresa Familiar promovida pola Asociación Galega de Empresa Familiar e a Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña, Joaquín Pérez Bellido profundiza na importancia da diversificación estratéxica do negocio a partires dun percorrido pola evolución do Grupo Pérez Rumbao desde os seus inicios, como un pequeno garaxe-obradoiro.
Pérez Bellido salientou os factores de cambio no sector da automoción, principalmente os que inflúen directamente na política de vendas da empresa. Entre eles, profundizou no cambio de hábitos dos consumidores, o que deu lugar a unha diversificación estratéxica na empresa, con enfoque no márketing dixital. Neste sentido, destacou o cambio de cultura na compañía desde o inicio do proxecto da canle online e o momento no que a empresa converteu nunha oportunidade o comercio dixital. Así, Pérez Rumbao baseou a transformación cara o dixital nunha estratexia combinada co offline e no factor humano como clave de éxito.