O Premio Familia Empresaria de Galicia ten como obxectivo distinguir as aportacións das familias á economía galega. O galardón, outorgado anualmente ola Asociación Galega da Empresa Familiar, entrégase nun acto coa asistencia das autoridades autonómicas e de integrantes das sesenta principais compañías de propiedade familiar da comunidade.