Estudantes da Universidade de Vigo visitan as instalacións de Inditex

Estudantes da Universidade de Vigo visitan as instalacións de Inditex

Alumnos de ADE, ADE-Dereito e ADE-Informática da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, acompañados por Elena Rivo, directora da Cátedra da UVI, realizaron unha visita guiada polas instalacións de Inditex no polígono de Sabón (Arteixo, A Coruña). Durante a xornada, o grupo tivo a oportunidade de aprender sobre a organización loxística e a xestión desta empresa familiar, estudada como caso de éxito en escolas de negocio e universidades nacionais e internacionais.