Conferencia “Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar”
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo organiza a conferencia Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar, impartida o vindeiro 19 de outubro por Elena Pérez Canal, conselleira de Aceites Abril, e presentada por Margarita Hermo, directora da Asociación Galega da Empresa Familiar, e Elena Rivo, codirectora da cátedra. A conferencia será presencial, na Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo.