“Hai unha maior incorporación da muller á alta dirección nas empresas familiares”

“Hai unha maior incorporación da muller á alta dirección nas empresas familiares”

25/11/2022. Amaia Maseda é profesora de Economía e Empresa na Universidade do País Vasco. A experta participa hoxe en Xestión en feminino: logros e retos, a mesa redonda organizada pola Cátedra da Empresa Familiar na Universidade da Coruña.

“As empresas familiares son un contexto moi propicio para reflexionar sobre os roles de xénero e as estruturas familiares. Queda moito por facer, pero son moi positiva” explica Maseda.

“Os estudos reflicten unha tendencia de maior incorporación das mulleres na alta dirección das familias empresarias, que en empresas non familiares”, indica a especialista. A principal liña de investigación de Amaia Maseda é a xestión de pequenas e medianas empresas, en especial, naquelas de carácter familiar.

Son as empresas familiares unha contorna propicia para o empoderamento da muller?

É certo que as empresas familiares son tamén familias empresarias e hai certos compoñentes patriarcais que adoitan ser inherentes ás familias e que se poden manter. Moitas veces pénsase en primeiro lugar no primoxénito, especialmente se é home, para a sucesión. Os estudos reflicten unha tendencia de maior incorporación das mulleres na alta dirección das familias empresarias, que en empresas non familiares. Pero non todas as empresas iguais. Quedo coa parte positiva.

Por que é son máis femininas as empresas familiares que as non familiares?

Pola vinculación. Unha empresa familiar ten unha intención clara de continuidade. E para que o sexa, a familia ten que estar presente nos seus órganos de goberno. As familias cambiaron moito a composición. Hoxe máis tipoloxías de familias e menos nacementos. Se só fillas ou menos fillos, pénsase tamén na muller, en que se forme e teña a opción de liderar.

Como impulsan as empresas familiares o empoderamento?

Precisamente ao mostrar que hai unha maior presenza de mulleres na alta dirección, que ocupar postos de alta dirección é posible. Hai moitas empresas familiares que son xa un referente.

A fortaleza das empresas familiares está especialmente nas de tamaño mediano, que son un motor importante da economía mundial. As mulleres serán as líderes de moitas delas no futuro.

 

Na imaxe: charla de Carmen Lence, CEO do grupo Leite Río na facultade de Universidade da Coruña. Punto GA / M. Riopa