José Bernardo Silveira, padriño da promoción 2023 do Mestrado de ADE da Universidade da Coruña

José Bernardo Silveira, padriño da promoción 2023 do Mestrado de ADE da Universidade da Coruña

05.07.2023. O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar José Bernardo Silveira Martín apadriña á promoción 2023 do Mestrado de Administración e Direccion de Empresa da Universidade de A Coruña (UDC) nun acto celebrado o venres 30 de xuño na Facultade de Económicas e Empresariais da ciudade herculina.

No acto de graduación entregáronse os diplomas a todos os alumnos dos  mestrados de ADE, Banca e Finanzas, e Auditoría de Contas en presencia de Carmen Lema, Decana da Facultade de Económicas e Empresariais da UDC. A directora da Cátedra de Empresa Familiar, Berta Rivera, actuou tamén como madriña da promoción do Mestrado de ADE.

José Silveira animou os recén graduados a explorar as oportunidades laborais que brindan as empresas familiares, un dos motores da economía galega. Na súa intervención ante os alumnos, o presidente da Agef compartiu varias recomendacións: “Confiade no voso talento. Estades sobradamente preparados, tedes ideas brillantes e comprendedes o mundo actual mellor que ninguén. Crede en vos. E mostrade pasión. Poñede toda a vosa enerxía naquilo que emprendades, da tarefa máis humilde ata o proxecto máis ambicioso. Só con pasión e esforzo lograredes cumplir as vosas metas e facer a diferencia”.

Para rematar, José Silveira quixo destacar o crucial papel que desenvolve a Universidade na economía: “É de vital importancia que o sector empresarial e o universitario se manteñan conectados. Polo ben da nosa sociedade o diálogo debe ser constante e fluido”.

Cátedra de Empresa Familiar
A Cátedra de Empresa Familiar, presente nas tres universidades galegas, está impulsada pola Asociación Galega da Empresa Familiar co apoio de Inditex. A súa misión é promover a transferencia de coñecemento sobre as características propias e diferenciais das compañías familiares, establecendo sinerxías entre o mundo empresarial e o universitario, cunha rede propia de alumnos, empresarios, docentes e investigadores.

 

Na imaxe, de esquerda a dereita, José Bernardo Silveira, Carmen Lema e Berta Rivera durante o acto de graduación. Universidade da Coruña