O socio director de Prosuces Consultores de Empresas Familiares, Manuel Baldelana, ofreceu unha conferencia para o alumnado do Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE) sobre o mapa de riscos das empresas familiares.
Durante a sesión, Baldelana explico aos alumnos que é e para que serve un mapa de riscos na empresa familiar, os seus contidos e diferenzas co mapa de riscos convencional, a súa utilidade práctica e seguemento e a responsabilidade dos seus administradores e propietarios.