Miguel Barroso, socio director de Deloitte, ofreceu unha charla na que abordou aspectos tan relevantes para as empresas como a contextualización dos primeiros impactos económicos da Covid-19 e as súas diferenzas respecto a crises económicas anteriores; aspectos clave da xestión empresarial desta situación que poden promover un liderado resiliente e eficaz; as axudas da Unión Europea para transformar os negocios; e os retos futuros aos que se enfrontan as empresas a partires da evolución dos indicadores actuais.
Barroso impartiu a charla no marco do programa da materia Xestión da empresa familiar do Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE) da Universidade da Coruña.