Susana Vázquez (XesGalicia): “Instrumentos de financiamento e emprendemento empresarial nunha contorna Covid”

Susana Vázquez (XesGalicia): “Instrumentos de financiamento e emprendemento empresarial nunha contorna Covid”

Susana Vázquez, analista de investimentos de XesGalicia, impartiu a conferencia Instrumentos de financiamento e emprendemento empresarial nunha contorna Covid, enmarcada dentro do programa da materia Xestión da empresa familiar do Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE) da Universidade da Coruña.

A experta repasou aspectos tan relevantes para as empresas como os factores máis importantes para o éxito dunha startup, as dificultades das empresas diante da Covid-19, os recursos financeiros e as alternativas de financiamento para startups (entre as que se atopan os business angels e o capital risco), o ecosistema emprendedor e programas específicos de apoio aos emprendedores, e as incubadoras e aceleradoras de empresas. Todos estes aspectos adquiren especial relevancia na época actual de incertidume e crise económica, que afecta especialmente á creación e sostibilidade do tecido empresarial no noso país.