Adriana Domínguez, conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez, salientou ante os alumnos da Universidade de Vigo o carácter de moda de autor da firma téxtil galega e a súa aposta polo deseño innovador. As vendas comparables da colección de muller da colección primavera-verán incrementáronse un 6,4% en comparación co período marzo-maio do ano pasado, con crecementos de entre o 6 e o 7% no Xapón, México e España.