19 de maio de 2022. A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña (UDC) organiza unha nova edición do seu ciclo de conferencias Empresa Familiar que conta coa participación do director da Compañía de Tranvías da Coruña, José Ignacio Prada e a directora da Asociación Galega da Empresa Familiar, Margarita Hermo.
José Ignacio Prada interviu o pasado xoves na conferencia baixo o título Compañía de Tranvías da Coruña e o futuro da mobilidade urbana na Facultade de Economía e Empresa. O acto contou, ademais, coa intervención do decano da Facultade de Economía e Empresa, Manuel Gómez, e a directora da Cátedra de Empresa Familiar da UDC, Berta Rivera.
Margarita Hermo achegará a actualidade das empresas familiares ao estudantado coruñés coa charla O tecido das empresas galegas ante a crise do desabastecemento. A directora da asociación estará acompañada de Manuel Gómez e Berta Rivera o xoves 19 na Facultade de Economía e Empresa ás 18:30h.
aquí.